martes, 22 de enero de 2019

VISITA AO COMERCIO E Á HOSTELERÍA EUMESA


Hai varios cursos que visitamos o comercio local dentro do noso proxecto EMPRENDENDO de Xeografía e Historia. Os rapaces escollen un establecemento, falan co propietario-encargado para saber a súa dispoñibilidade e despois de concretar, saímos xuntos ao pobo e visitan os negocios.
O obxectivo desta parte do noso traballo, que abarcou primeiro as economías domésticas e rematará coa creación dunha empresa propia, é avaliar con eles os pros e os contras de ser autónomo nestes tempos que corren. Estes foron os nosos interlocutores:






Dende estas liñas queremos agradecer a Joaquín da Bolera, Lupe de Óptica Tábora, Andrés do Bogavante, Marisa de zapatería Ivana e a Pablo de Molares pola súa amabilidade e cercanía achegándonos á realidade das pequenas e medianas empresas.

Todos eles destacaron a importancia do comercio local fronte as grandes superficies e insistiron nas dificultades de competir pero aínda así animaron á xente a emprender para atraer visitantes, crear traballo e dinamizar a economía do noso pobo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario