miércoles, 15 de marzo de 2023

SAÍDA 2º TRIMESTRE

 SAÍDA 2º TRIMESTRE

Os alumnos de 3º ESO fixeron unha visita á Central Hidroeléctrica do Eume. Alí foron recibidos polo personal que lles explicou o seu funcionamento. Tamén puideron ver a sala de control antiga e a actual, que xa está computerizada. Tamén visitaron a zona de turbinas e remataron subindo á presa.
Unha visita moi didáctica e interesante onde recalcaron a importancia da seguridade e tamén da concienciación do uso responsable da auga.







A seguinte visita foi ao Centro Etnográfico de A Capela. Nesta visita acercáronse á vida no pasado, nas costumes, traballos que realizaban, etc.

As diferentes salas intentan dar idea de como era unha casa antiga, que representaba a cociña, ou como se remachaban platos rotos, ou como se facían as zocas, ou como era un pequeno ultramarinos, etc. Ademáis as explicacións de Secundino foron xeniais e fíxonos a visita moi entretida.