jueves, 18 de enero de 2018

A CESTA DA COMPRA (XEOGRAFÍA E HISTORIA)


Ás veces os rapaces non son conscientes dos malabares que fan as familias para chegar a fin de mes e descoñecen o funcionamento das microeconomías domésticas. Comezamos esta semana un proxecto que nos achega á actividade económica cunha primeira parte:  a cesta da compra.


Partimos da vida mesma e adoptamos o rol dunha familia de catro persoas con dous nenos pequenos en idade escolar cunha soa nómina ao mes. Temos a sorte de que a nosa casa non ten hipoteca pero si facturas que hai que pagar e como exemplos tiveron á súa disposición recibos de luz e teléfono. Ademais, teremos que ir ao supermercado (neste caso virtual a través das webs de establecementos)  a procura de todo o necesario para sobrevivir un mes. A alimentación (saudable por suposto) e a hixiene serán prioridade pero tamén deberemos contemplar outros gastos e buscar maneiras de poder aforrar algo. Facendo moitos números comprobaron que non é nada doado.