GAÑAMOS SAÚDE
No primeiro trimestre realizamos un proxecto interdisciplinar con 3º e 4º da ESO nas materias de Bioloxía e Plástica.
Comezamos o proxecto cunha rotina de pensamento: vexo-penso-pregúntome.
A partires dunha proxección na PDI, en grupo, cada un dos alumnos completan a rotina.
Plantexamos a pregunta: é o mesmo alimentarse que nutrirse? E a partires de aquí os alumnos, traballando engrupo, buscan información sobre nutrientes e alimentos. Que función desempeñan no noso organismo e como se poden conservar.
Toda a información queda reflectida nun mapa mental.
A nosa forma de comer é importante, saber que alimentos son máis recomendables, de cales debermos tomar máis porcións a diario, cales debemos evitar, etc.
Todo esto podemos reflexalo gráficamente na roda dos alimentos e na pirámide alimenticia.
Cada grupo realizou un dos gráficos, onde tamén expoñen a explicación do mesmo.
Noutra sesión contamos cun experto, Fernando, que é farmacéutico e colabora co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. Veu a darnos unha charla sobre alimentación e hábitos saudables. Puidemos aprender cousas novas e preguntar todas aquelas dudas que aínda tiñamos.
E curioso como hai un montón de refráns e frases relacionadas coa alimentación. Pero moitas delas son únicamente falsos mitos. Así que, adicamos outra sesión a
recoller información sobre diferentes afirmacións, e explicamos se realmente son verdadeiras ou falsas.
Como comemos? Que tipos de alimentos adoitamos comer?
E dicir, que dieta seguimos. Todos escoitamos falar de diferentes tipos de dietas, algunhas porque as sigue algún famoso, outras porque están de moda, etc. Pero, por que se caracterizan? Que vantaxes presentan? Pode haber algún risco por seguir algunha delas?
Cada grupo investiga unha dieta: a mediterránea, a vexetariana, a americana, a Dukan e algunha dieta especial (para celíacos, etc).
Con toda esta información realizan unha presentación que explican ao resto da clase.
Para rematar o proxecto, é imprescindible falar dos trastornos alimentarios coma a anorexia e a bulimia. Trastornos que están presentes na nosa sociedade e que afecta maioritariamente aos xóvenes.
Investigan sobre estes trastornos e facemos unha destreza de pensamento, unha resolución de problemas.
E o tipo de envases que utiliza a industria alimentaria para conservalos
Con todos éstes datos simulamos con diferentes técnicas plásticas todo o que aprendimos
Por último pedímoslle aos nosos compañeiros de 4º que crearan un anuncio para o noso producto
Este é o resultado
No hay comentarios:
Publicar un comentario