martes, 21 de junio de 2022

ACTO DE ENTREGA DA LIÑA VERDE

Hoxe reunímonos para dar por finalizado o reto “A liña verde”, unha das moitas actividades enmarcadas dentro do proxecto interdisciplinar “Desplastifícate” que levamos a cabo os alumnos e alumnas de 3º da ESO. Este proxecto naceu da necesidade de facer un uso responsable do plástico, xa que en ocasións chega ao mar de forma que afecta negativamente á flora e á fauna.

Unha das persoas que se decatou do lixo existente ó noso redor foi Belém Tajes que, nos seus paseos polas praias da Costa da Morte, comezou a recoller anaquiños deste material usado polos pescadores. De aí, xurde a idea de liberar as nosas rías e mares dos restos de redes que chegan ás súas beiras.

Nós, recollemos este reto, creamos este cartel e animamos a todos os cursos deste colexio a participar nesta iniciativa. Hoxe, celebramos que, traballando en equipo, somos capaces de chegar máis lonxe. Aquí tedes o que entre todos fomos capaces de conseguir: metros e metros de liña verde que, gracias a todos vós, xa non está nas nosas praias.

Agradecémoslle a Belém  esta iniciativa e fixémoslle entrega da nosa aportación.

Aquí vos deixamos unhas imaxes!!