lunes, 21 de noviembre de 2016

COMEZAMOS A EMPRENDER (PARTE I)


Comezamos estes días na materia de Xeografía e Historia “Emprendendo”, un proxecto que nos achegará a esas páxinas do xornal que saltamos a miúdo: as de economía. Trataremos que a oferta, a demanda, o IPC, o PIB, a globalización, as PEMES … formen parte do noso vocabulario.  Con este obxectivo partimos explicando unha das bases do capitalismo: a lei da oferta e da demanda. Aquí vos deixamos uns exemplos do que fixemos para entendela.





A segunda parte deste proxecto foi “a cesta da compra”. Encargámonos de facer a compra en diferentes supermercados comparando prezos e analizando recibos para ser  conscientes dos malabares que teñen que facer moitas familias para chegar a fin de mes.
E xa como remate antes de poñernos a facer o noso propio proxecto de negocio visitamos algunhas PEMES locais para entender o importante papel que teñen os autónomos.

Dende aquí queremos dar as grazas por dedicarnos o seu tempo a Macamen, a Polola, a Vicky Noche, a Dulce e a Paqui (Pepo´s) a Juan Ramón (Antoxos) e a Fernando (Cacharreira).



jueves, 17 de noviembre de 2016

Reciclar e Reutilizar

Como punto final do proxecto interdiciplinar "Mar de Plástico", os alumnos de 3º e 4º da ESO, participaron hoxe nunha charla, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de SOGAMA, dentro da campaña "Oportunidades Galicia - Separemos ben, reciclaremos mellor".
A charla tivo como obxectivo concienciar sobre a reutilización e o fomento do consumo responsable e da imporcia de ser partícipes no reciclado, utilizando correctamente os diferentes contenedores.
Dende o centro, agradecemos este tipo de iniciativa e colaboración por parte da Consellería de Medio Ambiente e de SOGAMA.