jueves, 31 de enero de 2019

GAÑAMOS SAÚDE

GAÑAMOS SAÚDE

No primeiro trimestre realizamos un proxecto interdisciplinar con 3º e 4º da ESO nas materias de Bioloxía e Plástica.

Comezamos o proxecto cunha rotina de pensamento: vexo-penso-pregúntome.
A partires dunha proxección na PDI, en grupo, cada un dos alumnos completan a rotina.







Plantexamos a pregunta: é o mesmo alimentarse que nutrirse? E a partires de aquí os alumnos, traballando engrupo, buscan información sobre nutrientes e alimentos. Que función desempeñan no noso organismo e como se poden conservar.
Toda a información queda reflectida nun mapa mental.






A nosa forma de comer é importante, saber que alimentos son máis recomendables, de cales debermos tomar máis porcións a diario, cales debemos evitar, etc. 

Todo esto podemos reflexalo gráficamente na roda dos alimentos e na pirámide alimenticia.
Cada grupo realizou un dos gráficos, onde tamén expoñen a explicación do mesmo.





Noutra sesión contamos cun experto, Fernando, que é farmacéutico e colabora co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. Veu a darnos unha charla sobre alimentación e hábitos saudables. Puidemos aprender cousas novas e preguntar todas aquelas dudas que aínda tiñamos.




E curioso como hai un montón de refráns e frases relacionadas coa alimentación. Pero moitas delas son únicamente falsos mitos. Así que, adicamos outra sesión a
recoller información sobre diferentes afirmacións, e explicamos se realmente son verdadeiras ou falsas. 




Como comemos? Que tipos de alimentos adoitamos comer? 
E dicir, que dieta seguimos. 
Todos escoitamos falar de diferentes tipos de dietas, algunhas porque as sigue algún famoso, outras porque están de moda, etc. Pero, por que se caracterizan? Que vantaxes presentan? Pode haber algún risco por seguir algunha delas?

Cada grupo investiga unha dieta: a mediterránea, a vexetariana, a americana, a Dukan e algunha dieta especial (para celíacos, etc).
Con toda esta información realizan unha presentación que explican ao resto da clase.
Para rematar o proxecto, é imprescindible falar dos trastornos alimentarios coma a anorexia e a bulimia. Trastornos que están presentes na nosa sociedade e que afecta maioritariamente aos xóvenes.
Investigan sobre estes trastornos e facemos unha destreza de pensamento, unha resolución de problemas.



Tamén fixemos unha investigación sobre o etiquetado dos alimentos

  E o tipo de envases que utiliza a industria alimentaria para conservalos




 Con todos éstes datos simulamos con diferentes técnicas plásticas todo o que aprendimos 



Por último pedímoslle aos nosos compañeiros de 4º que crearan un anuncio para o noso producto


Este é o resultado








martes, 22 de enero de 2019

VISITA AO COMERCIO E Á HOSTELERÍA EUMESA


Hai varios cursos que visitamos o comercio local dentro do noso proxecto EMPRENDENDO de Xeografía e Historia. Os rapaces escollen un establecemento, falan co propietario-encargado para saber a súa dispoñibilidade e despois de concretar, saímos xuntos ao pobo e visitan os negocios.
O obxectivo desta parte do noso traballo, que abarcou primeiro as economías domésticas e rematará coa creación dunha empresa propia, é avaliar con eles os pros e os contras de ser autónomo nestes tempos que corren. Estes foron os nosos interlocutores:






Dende estas liñas queremos agradecer a Joaquín da Bolera, Lupe de Óptica Tábora, Andrés do Bogavante, Marisa de zapatería Ivana e a Pablo de Molares pola súa amabilidade e cercanía achegándonos á realidade das pequenas e medianas empresas.

Todos eles destacaron a importancia do comercio local fronte as grandes superficies e insistiron nas dificultades de competir pero aínda así animaron á xente a emprender para atraer visitantes, crear traballo e dinamizar a economía do noso pobo.