martes, 20 de noviembre de 2018

O ACHADO DO AFUNDIMENTO


Imos contar una historia moi fermosa:
Un día, fomos toda a clase a un curso de mergullo pola ría. Despois das primeiras indicacións, animámonos a mergullarnos en solitario. Cada un facía o que podía, pero Miriam, a máis experta foi un pouco máis ao fondo e atopou un arca de madeira.
Oh! Ela non era capaz de levala soa á superficie, entón chamou aos seus compañeiros Cesar, Aike e Lois que sen ningún esforzó levárona ata a beira.
Alí, todos xuntos, estabamos verdadeiramente intrigados polo que había dentro:
- Un Cancioneiro!!!!- berraron todos.
- Será do tipo que estamos a traballar en Literatura Medieval?- preguntou Nerea.
- Levarémolo ata o colexio para poder identificar as cantigas- propuxo Lucía.
- Que mágoa!, a auga estragounos case todos, a ver que se pode facer- comentou Paulina.

E así foi como os alumnos de 3º de ESO rescataron un cancioneiro no que había Cantigas de Amor e Cantigas de Amigo.

Como podedes supoñer, esta é a introducción dun fermoso proxecto sobre a literatura medieval realizado polos rapaces e rapazas de terceiro de ESO.
O primeiro paso foi documentarse sobre a época medieval, fixérono a través dun vídeo editado pola TVG , no que se conta o nacemento do galego e a impronta que esta lingua tivo na Idade Media en toda a península.

O segundo paso foi crear as súas propias cantigas, os rapaces fixéronas de Amor, e as rapazas de Amigo. Tiñan que seguir todas as súas características, como o paralelismo, o refrán, o leixaprén,.....


A etapa seguinte foi crear un verdadeiro cancioneiro, para iso informáronse de  como facer un documento medieval,o primeiro era coñecer o alfabeto medieval e escribir a súa cantiga con el, despois de escrito había que pintalo con café para darlle ese toque a vello.


Aquí algunhas obras sufriron un pequeño accidente, pois por non utilizar o rotulador axeitado a tinta esvaeuse un pouco, e de aí a nosa idea de atopar o cancioneiro baixo auga.

Unha vez pintado, retocouse o documento e fixéronse as filigranas medievais para convertelo nun verdadeiro Cancioneiro Medieval.
Esperamos que vos guste.