viernes, 16 de diciembre de 2016

XA SOMOS EMPRENDEDORES (PARTE II)

Por fin acabamos o noso proxecto en Xeografía de 3º e amosámosvos agora os nosos produtos finais. 
Resulta que un famoso empresario vai investir na nosa vila pero non busca un negocio calquera, quere unha idea nova. Está aberto a propostas e nós decidimos participar no reto. 
Os requisitos do proxecto son: atopar un local para alugar ou á venda, reformalo ao noso gusto e engadir o plano final, buscar todo o necesario para que comece a andar (mobiliario, decoración, tecnoloxía...) e acompañalo dun presuposto concreto, redactar un anuncio en prensa na procura dos empregados adecuados e crear un logotipo para a rotulación.


A presentación debía ser orixinal e atractiva  e estas son finalmente as nosas ideas de negocio:  
-Recreponte, un local para os xóvenes con xogos recreativos “vintage”.
-Baila+, unha academia de baile especializada en diferentes estilos.
-Shopdog, tenda con produtos que ofrece atención veterinaria, residencia canina e outros servizos.
-Cosade2, unha empresa que organizará vodas evitando o estrés dos preparativos ás parellas.
-Comicmanía, unha tenda onde mercar, alugar ou gozar alí mesmo de cómics e videoxogos.
-Sweet Bakery, unha cafetería-pastelería especializada en cupcakes.






1 comentario:

  1. Moi ben equipos!. Que manteñades ese ánimo en todo o que emprendades. Aínda que non o pareza en cada momento da nosa vida estamos "emprendendo", non so para montar un negocio. Sodes o futuro do noso país, tédeo en conta. Felíz Nadal e a coller forzas para emprender...o vindeiro trimestre.

    ResponderEliminar