domingo, 4 de marzo de 2018

ENCHÚFATE Á VIDA!!

Neste proxecto de Bioloxía estudaremos a importancia do sangue para á vida. 
Para comezalo, que mellor que con especialistas en este tema. 
Tivemos a sorte de contar con José Antonio, socio da Hermandade de Sangue de A Coruña e con Jose Manuel do Centro de Transfusión de Galicia.



Foi unha entrada no tema xenial. A charla foi amena e moi interesante. E os alumnos, estiveron moi participativos ao final facendo moitas preguntas. 
Moitas gracias pola vosa colaboración!

Continuamos, e traballando en grupo cooperativo, estudamos o aparato circulatorio: funcións, constitución, funcionamento, enfermidades relacionadas e hábitos saudables.
Con toda a información, cada grupo fixo un mapa mental a catro bandas.





Pero non soamente se aprende cos libros, tamén se aprende vendo, tocando, comparando co que vemos no libro.
Para eso, baixamos ao laboratorio e diseccionamos unha asadura de porco.






Aproveitamos tamén para ver outra partes como a tráquea e os pulmóns. 
Resultoulles moi curioso ver como se hinchan os pulmóns e aumentan o seu volume.



Continuará...


No hay comentarios:

Publicar un comentario