Este foi o último proxecto que fixemos antes da cuarentena en Bioloxía.
Estudamos o sistema circulatorio.
Para iso traballaron en grupos cooperativos coa estrutura
Grupos de Sabios.
Cada grupo especializouse nunha parte concreta deste sistema.
E así, con toda a información, elaboramos un mapa mental a 4 bandas.
Despois do estudo deste sistema, propuxemos unha destreza de pensamento: Resolución dun problema con destreza.
Destreza de pensamiento by rociovgz on Scribd
Tivemos a sorte de poder contar outro ano máis coa axuda da Asociación de Donantes de Órganos e Sangue (ADOS).
José Manuel e Alicia déronnos unha charla moi interesante sobre a importancia da doazón de sangue. Explicáronnos como se fai este proceso, onde se pode facer, que persoas poden ser doantes, que requisitos se necesitan ... e respostaron a todas as preguntas e dúbidas que plantexamos.
Para colaborar con eles, decidimos facer unha campaña de doazón no colexio, para que o día da visita ao autobús ADOS puideramos conseguir que foran doantes.
A nosa contribución á concienciación de doar sangue posiblemente é pequena, porque os nosos alumnos non poden doar. Pero sí podemos achegar a nosa pinguiña, facendo unha campaña informativa polas clases para informar de cando teriamos a visita ao autobús de ADOS e animar aos alumnos que animaran á participación de pais, nais, irmás, veciños, etc... ese día.
Tamén fixemos uns carteis chulísimos!!
Visita ao autobús de ADOS
E de agradecer que sempre somos ben recibidos.
Os alumnos suben en grupos de 5 e son informados primeiro pola doctora, que lles explica como reciben aos doantes e que protocolo teñen que seguir para que poidan doar.
Logo, as enfermeiras ensináronlles o autobús e explicáronlles como é o proceso de doar e como despois gardan as bolsas de sangue e que fan con elas cando chega ao Centro de Transfusión en Santiago.
Moitas gracias a todos os que participaron e foron a doar.
E dadas as circunstancias actuais, queremos dar as gracias a todo o persoal sanitario pola súa labor.
GRACIAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario