jueves, 21 de febrero de 2019

APRENDEMOS E EMPRENDEMOS: IDEAS ORIXINAIS

Un inversor anónimo está interesado na nosa zona. Ten moito diñeiro pero necesita ideas de negocio e acaba de convocar un concurso ao que podemos presentar os nosos proxectos. O prazo rematou a semana pasada e xa temos unha serie de candidatos que optarán ao premio final. 

Esta é a idea da que partimos na última parte do proxecto “EMPRENDEMOS” de Xeografía e Historia, a creación do noso propio negocio, un negocio que tería que especificar o capital a invertir, o número de traballadores e as súas características, os planos e a localización do local que debía ser real mercado ou alugado, o logotipo que nos identifica ...
Así, con todas estas condicións, os alumnos puxeron a súa creatividade ao servizo do proxecto.

Estes son os finalistas:

 -Las tres escobas: unha cafetería que reproduce o mundo de Howarts, cunha sala de cine e un ambiente que desexaría calquera que aspire a ser compañeiro de Harry Potter na escola de maxia. Aquí podedes ver como sería por dentro:







-Let’s play: Un lugar de ocio para esa xente xoven que quere tocar algún instrumento, cantar, bailar, xogar á play ou ao billar cos amigos.




-Coffee pet: Un rincón "pet friendly" ubicado nun centro comercial onde deixar ás mascotas mentres vas á compra ou entrar a tomar algo con eles con total liberdade.



 -Angel´s: Academia de baile e música con clases de diferentes modalidades os días laborables e lugar de reunión as fins de semana.



-Ludere´s coffee: un local adicado ao servizo e ao entretemento no que ademais de tomar un café ou un refresco e xogar, podedes mercar e personalizar as vosas consolas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario