viernes, 19 de enero de 2024

O CANCIONEIRO DA VILA


 Os rapaces de 3º de ESO viviron o primeiro trimestre inmersos na Idade Media nas aulas de Literatura Galega. A parte marabillosa desta vivencia foi facer o seu propio "Cancioneiro".

O primeiro que tiveron que facer os rapaces e rapazas foi aprenderse todas as características deste tipo de Cantigas: Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas características temáticas e formais diferentes do resto da lírica medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó trobadorismo.

Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico.. A muller expresa a súa paixón amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu "amigo" , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa nai, á natureza, ó seu amado, á unha amiga confidente, etc.

-Forma das cantigas de amigo:

- o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira estrofa.

- o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.

-o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces, tampouco á rima.
  

 -Variedades das cantigas de amigo:

      Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a presencia do mar que, non só aparece como escenario, senón que aparece personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller.

     Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a alegría de vivir e de amar, con frecuentes incitacións ó baile.

     Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres a carón da ermida, a moza agardando a asistencia do amigo á romería, laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras.

    Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer.
 

Velaquí algúns exemplos:




O resultado foi un fermoso Cancioneiro ao que os rapaces chamaron "Cancioneiro da Vila".



No hay comentarios:

Publicar un comentario