Despois de lelo minuciosamente tivemos que analízalo , desde que emocións e sensacións nos espertou, atopar os feitos claves para situalos no bibliotráiles ata atopar unha frase suxerente para recomendar a súa lectura.
A segunda parte foi a toma de decisións en equipo: que situacións se ían reflectir no vídeo, que mensaxe e sensación queríamos transmitir, o argumento do vídeo, que personaxes intervirían, as cores máis axeitadas, a música e se se ía utilizar texto.
A terceira fase xa foi máis técnica, pois había que decidir se o vídeo se crearía con imaxes fixas, se si utilizaría móbil, cámara, onde buscaríamos a música e o programa de edición a utilizar.
Por último completamos a grella de planificación do traballo: que tarefa habería que facer, cando, o lugar e os responsables.
Por último e cunha rúbrica de avaliación diante, comprobaríamos que o noso bibliotráiler cumpría con todos os requisitos.
![]() |
1ª etapa |
![]() |
2ª etapa |
![]() |
3ª etapa |
![]() |
Planificación do traballo E aquí vos deixamos o resultado: |
No hay comentarios:
Publicar un comentario