lunes, 16 de abril de 2018

IDEAS EMPRESARIAIS PARA INVERSORES


Para acabar a parte de Xeografía deste curso decidimos achegarnos ao emprendemento e utilizar a creatividade e o traballo en equipo para inventar unha idea de negocio e aprender a asumir as decisións e os riscos que leva consigo ser autónomo.
A proposta era buscar algo orixinal e facelo realidade alugando ou mercando un local real que buscamos por internet para despois reformalo e acondicionalo con todo o que necesitaría a nosa empresa ficticia. Nós deseñamos o plano, mercamos mobles e maquinaria en distintas tendas “on line” e incluso puxemos anuncios no xornal co perfil solicitado para os nosos empregados. Neste caso, con risco 0, o diñeiro era o de menos.


Saíron grandes cousas que vos podemos deixar aquí como idea para alguén que estea pensando en invertir no noso pobo. Témolas por duplicado: unha librería-cafetería de estilo vintage e outra futurista, dous ximnasios e unha pizzería na que xogas á consola mentres agardas a comida.


Quen sabe se podemos axudar! Estaremos aquí para contarvos detalles.



No hay comentarios:

Publicar un comentario