Comezamos estes
días na materia de Xeografía e Historia “Emprendendo”,
un proxecto que nos achegará a esas páxinas do xornal que saltamos a
miúdo: as de economía. Trataremos que a oferta, a demanda, o IPC, o PIB, a
globalización, as PEMES … formen parte do noso vocabulario. Con este obxectivo partimos explicando unha das bases do capitalismo: a lei da oferta e da demanda. Aquí vos deixamos uns exemplos do que fixemos para entendela.
A segunda parte
deste proxecto foi “a cesta da compra”. Encargámonos de facer a compra en
diferentes supermercados comparando prezos e analizando recibos para
ser conscientes dos malabares que teñen
que facer moitas familias para chegar a fin de mes.
E xa como remate antes
de poñernos a facer o noso propio proxecto de negocio visitamos algunhas PEMES
locais para entender o importante papel que teñen os autónomos.
Dende aquí queremos
dar as grazas por dedicarnos o seu tempo a Macamen, a Polola, a Vicky Noche, a Dulce
e a Paqui (Pepo´s) a Juan Ramón (Antoxos) e a Fernando (Cacharreira).
No hay comentarios:
Publicar un comentario