O venres os alumnos de 3ºESO tiveron a saída do primeiro trimestre.
Foron a Canido, onde fixeron tres actividades.
1-Visita ao estudo de Eduardo Hermida
Eduardo Hermida é o artista impulsor do movemento artístico de Canido, e gracias ao cal, este barrio mellorou socioeconómicamente nestes últimos 15 anos.
Recibiunos no seu estudo e contounos a historia do seu proxecto dende o seu comezo, e de como agora artistas de todos os xéneros (pintores, músicos, etc) e renome son os que queren participar no festival que cada ano organiza en setembro.
Unha visita guiada por Berta, que resultou moi interesante xa que apendemos cousas que non sabiamos e puidemos ver esqueletos dunha gran variedade de animais.
Tamén vimos unha exposición de astrofotografía e a parte de Xeoloxía, adicada ao proxecto "Parque do Cabo Ortegal".
3- Percorrido por Canido
Neste percorrido os alumnos puideron ver e fotografar diversas pinturas das Meninas que hai polo barrio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario