Os rapaces de 3º ESO estiveron a investigar e traballar sobre como se realizaba un debate.
Para comezar fixeron unha rutina de pensamento : "antes pensaba, agora penso". Evidentemente só podían contestar á primeira parte, pois a segunda parte sería a actividade final do proxecto.
Unha vez coñecidas todas as partes, normas e axentes do debate, a clase dividiuse en dúas e nomeouse un moderador. O tema escollido para o debate foi "O consumismo". Os rapaces debían investigar os pros e os contras do consumismo e o moderador ademais de informarse, tería que propoñer algunhas preguntas.
Cada equipo elixiu un portavoz, que daría a coñecer a súa visión do tema e así comezou un debate no que cada equipo defendeu o seu punto de vista respectando as quendas, non perdendo os papeis, argumentando con datos verídicos .,,,,,.
A actividade seguinte foi o visionado do debate, todos xuntos e rúbrica en man para poder avaliar as diferentes actuacións .
Por último, os rapaces completaron a segunda parte da rutina e decatáronse que o que sabían do "Debate" era algo distorsionado polo que ven nalgúns progaramas televisivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario