Por fin acabamos o
noso proxecto en Xeografía de 3º e amosámosvos agora os nosos produtos finais.
Resulta
que un famoso empresario vai investir
na nosa vila pero non busca un negocio calquera, quere unha idea nova. Está aberto a propostas e nós decidimos participar no reto.
Os requisitos do proxecto son:
atopar un local para alugar ou á venda, reformalo ao noso gusto e engadir o
plano final, buscar todo o necesario para que comece a andar (mobiliario, decoración,
tecnoloxía...) e acompañalo dun presuposto concreto, redactar un anuncio en prensa
na procura dos empregados adecuados e crear un logotipo para a rotulación.
A presentación debía ser orixinal e atractiva e estas son finalmente as nosas ideas de negocio:
-Recreponte, un local para os xóvenes con xogos recreativos “vintage”.
-Baila+, unha academia de baile
especializada en diferentes estilos.
-Shopdog, tenda con produtos que ofrece atención veterinaria, residencia canina e outros servizos.
-Cosade2, unha empresa que organizará vodas evitando o estrés dos preparativos ás parellas.
-Comicmanía, unha tenda onde mercar,
alugar ou gozar alí mesmo de cómics e videoxogos.
-Sweet Bakery, unha cafetería-pastelería
especializada en cupcakes.