lunes, 8 de junio de 2020
OS ESCRITORES DO REXURDIMENTO A TRAVÉS DA BANDA DESEÑADA
Os rapaces de 3º ESO estiveron traballando o Rexurdimento na materia de Literatura Galega. Como lles toucou facelo nesta etapa na que non podiamos reunirnos nas aulas, decidimos proxectar o que sabían desta materia en forma de banda deseñada. Contamos coa impagable colaboración da profesora de Plástica, Ana Garcia, que lles axudou a entender os volumes e as formas humanas.
O primeiro que fixeron os rapaces foi facer un mapa mental dos tres grandes escritores do Rexurdimento : Rosalía, Curros e Pondal
Unha vez que sabían todo sobre os autores, puxémonos a investigar como se facía unha banda deseñada, para iso os rapaces viron e tomaron notas dun curso en youtube do grande ilustrador Xosé Tomás.
O paso seguinte foi facer o guión da banda deseñada e empezar a facela.
Neste paso Ana García guiounos co seu bo facer.
E velaquí tedes algúns dos resultados:
A vida de Rosalía, obra de Lara Míguez
E a vida de Curros, obra de Pedro Jodar:
Foi unha forma diferente de ensinar e aprender Literatura , adaptándonos a esta nova realidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario