O proxecto no que abordamos a
actividade económica e o emprendemento finalizou estes días en 3º da ESO coa
creación das nosas propias empresas. Comezamos antes de Nadal partindo dos
principais indicadores e traballando a economía doméstica cun role-play no que
os alumnos se converteron nunha familia de 4 membros que afrontaba os gastos
desas festas: as comidas e ceas extraordinarias, os regalos… Contaban cunha soa
nómina e varias facturas que todos os fogares teñen que pagar e deberían
aforrar algo para a forte pendente que supón xaneiro.
A segunda actividade foi a visita
ao comercio local para aprender dos emprendedores previo a elaborar a parte
final: crear a nosa propia empresa. O obxectivo era que fose unha idea orixinal
presentada nun packaging atractivo. O
proxecto do seu negocio debería conter datos e prezos do capital físico
necesario, a localización dun espazo real nas webs das inmobiliarias en aluguer
oo venda, planos de antes e despois da súa reforma, propósito da creación e
unha oferta de emprego na prensa para posibles traballadores.
O resultado ten en común que todas
as súas opcións buscan alternativas de ocio para a xente nova. Estas son as
catro alternativas deste curso:
-O LABERINTO: Un scape room para divertirse que conta con cafetería
e enfermería para posibles traspés.
-Meteorite life: Un restaurante de comida china con especialidade en
xeados onde reunirse e degustar orixinais pratos.
-Micky Mouse Bar: Unha cafetería temática que recrea a vivenda deste ratón universal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario