martes, 16 de enero de 2024
GREEN SOULD
viernes, 12 de enero de 2024
"COLOCADOS" - Un proxecto sobre drogas
Proxecto para investigar sobre as drogas.
Neste proxecto, cada grupo investigou sobre unha droga: canabis, cocaína, alcohol e éxtasis.
Investigaron a súa procedencia, por que nomes se lles pode coñecer na rúa, formas de consumo e sobre todo os seus efectos na saúde a corto, medio e longo prazo.
Con toda esta información fixeron unha presentación para expoñer ao resto da clase. Tamén fixeron unha infografía para destacar a información máis relevante.
Continuaron o proxecto facendo a destreza de pensamento Diamante relacionada coa súa droga de estudo.
Finalizaron o proxecto facendo un mural onde quedaron expostas as infografías e as destrezas.
martes, 5 de diciembre de 2023
Top-down classification
Los alumnos y alumnas de 3º de ESO han llevado a cabo la destreza de pensamiento “Clasificación descendente”, en inglés “Top-down classification”, para clasificar marcadores de tiempos verbales.
En primer lugar, cada equipo
recibió un organizador gráfico y se mostró en la pizarra digital el mapa de
pensamiento que incluía las preguntas que nos guiarían durante todo el proceso.
Los objetos a clasificar fueron diferentes marcadores como “seldom”,
“recently”, “already”, “right now”, “twice a year”, “ago” y muchos más. Cada
grupo definió las características de cada categoría y puso un ejemplo de uso de
cada marcador en una oración, para finalmente, clasificarlo dentro de la
categoría correspondiente.
Gracias a esta actividad, ahora sabemos
identificar con mayor rapidez y eficacia los tiempos verbales y sus marcadores.
jueves, 11 de mayo de 2023
An informal email vs. a formal letter
En inglés de 3º de ESO hemos estado aprendiendo a redactar emails informales y cartas formales. Para ello, no hay mejor manera que analizar sus diferencias y similitudes a través de la destreza de pensamiento “Compara y contrasta”.
En primer lugar, los alumnos y alumnas recibieron un ejemplo de ambas redacciones, que leyeron e identificaron en equipos. Tras una rápida puesta en común, cada grupo recibió el organizador gráfico en papel y el mapa de pensamiento proyectado en la pizarra digital. Así, los estudiantes fueron analizando las similitudes y categorizando las diferencias de los dos tipos de textos.
Una vez terminada la actividad, cada
equipo elaboró un email para un amigo y una carta formal para alguien
desconocido poniendo en práctica todo lo aprendido.
Gracias a esta destreza de
pensamiento ahora somos más conscientes de la estructura y función de estos dos
tipos de textos, así como de sus semejanzas y diferencias.
sábado, 15 de abril de 2023
CANCIONEIRO DE AMIGO
No temario de Literatura Galega de 3º de ESO hai unha parte moi fermosa que é a Literatura Medieval, e un tipo desa literatura son as Cantigas de Amigo.
Este curso, despois de telas estudado por completo, tanto as cantigas de amigo coma as de amor, escarnio e as de Sta María, decidimos facer un "Cancioneiro de Amigo" como proxecto trimestal.
O primeiro que tiveron que facer os rapaces e rapazas foi aprenderse todas as características deste tipo de Cantigas: Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas
características temáticas e formais diferentes do resto da lírica
medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó
trobadorismo.
Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico.. A muller expresa a súa paixón
amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu "amigo" , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa
nai, á natureza, ó seu amado, á unha amiga confidente, etc.
-Forma das cantigas de amigo:
- o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os
versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da
primeira estrofa.
- o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.
-o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen
axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces, tampouco á rima.
-Variedades das cantigas de amigo:
Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a
presencia do mar que, non só aparece como escenario, senón que aparece
personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller.
Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a
alegría de vivir e de amar, con frecuentes incitacións ó baile.
Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres
a carón da ermida, a moza agardando a asistencia do amigo á romería,
laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras.
Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer.
Unha vez corrixidas as Cantigas, o alumnado visualizou un video no que se ensinaba a facer un Cancioneiro medieval. Debían seguir uns pasos como entintar de café as follas despoius de facer as marxes e a decoración en miniatura das mesmas. Logo pasar a tinta tanto o texto como os ornamentos, deixar secar e completar o pintado.
Grazas á profesora de E. Plástica, Ana García, poidemos facer as pastas do noso Cancioneiro, como se pode ver na primeira foto desta nova.
O paso seguinte foi facer unha memoria do proxecto para poder avaliar os coñecementos adquiridos:
E por último, só queda desfrutar do Cancioneiro que está exposto no corredor do terceiro andar do noso colexio:
Este proxecto é sempre un traballo que encanta facelo, tanto ao alumnado como á profesora desta materia.
miércoles, 15 de marzo de 2023
SAÍDA 2º TRIMESTRE
SAÍDA 2º TRIMESTRE
A seguinte visita foi ao Centro Etnográfico de A Capela. Nesta visita acercáronse á vida no pasado, nas costumes, traballos que realizaban, etc.
As diferentes salas intentan dar idea de como era unha casa antiga, que representaba a cociña, ou como se remachaban platos rotos, ou como se facían as zocas, ou como era un pequeno ultramarinos, etc. Ademáis as explicacións de Secundino foron xeniais e fíxonos a visita moi entretida.
jueves, 12 de enero de 2023
CHARLA DOAZÓN DE SANGUE
Un ano máis contamos con Jose Manuel e Alicia, membros de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) para darnos unha charla sobre a importancia de doar.
Con estas visitas, o programa pretende concienciar e informar sobre a importancia da doazón, e o imprescindible que é que o banco de sangue teña reservas para que todos os centros hospitalarios poidan levar a cabo o seu traballo en canto ás ciruxías programadas e urxencias que podan darse.
Rematamos coa visita á unidade móvil de ADOS, que cada mes está na Alameda.
Alí recibiron aos ali¡umnos/as e lles explicaron os requisitos necesarios para poder doar: a entrevista previa, a proba da hemoglobina, etc.
Pasaron pola parte de extracción e viron as bolsa de extracción e explicáronlle como as conservan e como se fai posteriormente a separación de compoñentes do sangue.
O noso agradecemento a ADOS por este programa e aos profesionais que nos atenden nas visitas ao colexio e na unidade móvil pola súa implicación.






.jpg)





.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)































