martes, 5 de diciembre de 2023

Top-down classification

 Los alumnos y alumnas de 3º de ESO han llevado a cabo la destreza de pensamiento “Clasificación descendente”, en inglés “Top-down classification”, para clasificar marcadores de tiempos verbales.

En primer lugar, cada equipo recibió un organizador gráfico y se mostró en la pizarra digital el mapa de pensamiento que incluía las preguntas que nos guiarían durante todo el proceso. Los objetos a clasificar fueron diferentes marcadores como “seldom”, “recently”, “already”, “right now”, “twice a year”, “ago” y muchos más. Cada grupo definió las características de cada categoría y puso un ejemplo de uso de cada marcador en una oración, para finalmente, clasificarlo dentro de la categoría correspondiente.

Gracias a esta actividad, ahora sabemos identificar con mayor rapidez y eficacia los tiempos verbales y sus marcadores.  













jueves, 11 de mayo de 2023

An informal email vs. a formal letter

En inglés de 3º de ESO hemos estado aprendiendo a redactar emails informales y cartas formales. Para ello, no hay mejor manera que analizar sus diferencias y similitudes a través de la destreza de pensamiento “Compara y contrasta”.


En primer lugar, los alumnos y alumnas recibieron un ejemplo de ambas redacciones, que leyeron e identificaron en equipos. Tras una rápida puesta en común, cada grupo recibió el organizador gráfico en papel y el mapa de pensamiento proyectado en la pizarra digital. Así, los estudiantes fueron analizando las similitudes y categorizando las diferencias de los dos tipos de textos. 


Una vez terminada la actividad, cada equipo elaboró un email para un amigo y una carta formal para alguien desconocido poniendo en práctica todo lo aprendido. 







Gracias a esta destreza de pensamiento ahora somos más conscientes de la estructura y función de estos dos tipos de textos, así como de sus semejanzas y diferencias.




sábado, 15 de abril de 2023

CANCIONEIRO DE AMIGO


 

No temario de Literatura Galega de 3º de ESO hai unha parte moi fermosa que é a Literatura Medieval, e un tipo desa literatura son as Cantigas de Amigo.

Este curso, despois de telas estudado por completo, tanto as cantigas de amigo coma as de amor, escarnio e as de Sta María, decidimos facer un "Cancioneiro de Amigo" como proxecto trimestal.

O primeiro que tiveron que facer os rapaces e rapazas foi aprenderse todas as características deste tipo de Cantigas: Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas características temáticas e formais diferentes do resto da lírica medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó trobadorismo.

Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico.. A muller expresa a súa paixón amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu "amigo" , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa nai, á natureza, ó seu amado, á unha amiga confidente, etc.

-Forma das cantigas de amigo:

- o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira estrofa.

- o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.

-o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces, tampouco á rima.
  

 -Variedades das cantigas de amigo:

      Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a presencia do mar que, non só aparece como escenario, senón que aparece personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller.

     Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a alegría de vivir e de amar, con frecuentes incitacións ó baile.

     Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres a carón da ermida, a moza agardando a asistencia do amigo á romería, laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras.

    Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer.




Unha vez corrixidas as Cantigas, o alumnado visualizou un video no que se ensinaba a facer un Cancioneiro medieval. Debían seguir uns pasos como entintar de café as follas despoius de facer as marxes e a decoración en miniatura das mesmas. Logo pasar a tinta tanto o texto como os ornamentos, deixar secar e completar o pintado.









 

Grazas á profesora de E. Plástica, Ana García, poidemos facer as pastas do noso Cancioneiro, como se pode ver na primeira foto desta nova.

O paso seguinte foi facer unha memoria do proxecto para poder avaliar os coñecementos adquiridos:



E por último, só queda desfrutar do Cancioneiro que está exposto no corredor do terceiro andar do noso colexio:






Este proxecto é sempre un traballo que encanta facelo, tanto ao alumnado como á profesora desta materia.

miércoles, 15 de marzo de 2023

SAÍDA 2º TRIMESTRE

 SAÍDA 2º TRIMESTRE

Os alumnos de 3º ESO fixeron unha visita á Central Hidroeléctrica do Eume. Alí foron recibidos polo personal que lles explicou o seu funcionamento. Tamén puideron ver a sala de control antiga e a actual, que xa está computerizada. Tamén visitaron a zona de turbinas e remataron subindo á presa.
Unha visita moi didáctica e interesante onde recalcaron a importancia da seguridade e tamén da concienciación do uso responsable da auga.







A seguinte visita foi ao Centro Etnográfico de A Capela. Nesta visita acercáronse á vida no pasado, nas costumes, traballos que realizaban, etc.

As diferentes salas intentan dar idea de como era unha casa antiga, que representaba a cociña, ou como se remachaban platos rotos, ou como se facían as zocas, ou como era un pequeno ultramarinos, etc. Ademáis as explicacións de Secundino foron xeniais e fíxonos a visita moi entretida.









jueves, 12 de enero de 2023

CHARLA DOAZÓN DE SANGUE

Un ano máis contamos con Jose Manuel e Alicia, membros de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) para darnos unha charla sobre a importancia de doar.

Con estas visitas, o programa pretende concienciar e informar sobre a importancia da doazón, e o imprescindible que é que o banco de sangue teña reservas para que todos os centros hospitalarios poidan levar a cabo o seu traballo en canto ás ciruxías programadas e urxencias que podan darse.





Rematamos coa visita á unidade móvil de ADOS, que cada mes está na Alameda.

Alí recibiron aos ali¡umnos/as e lles explicaron os requisitos necesarios para poder doar: a entrevista previa, a proba da hemoglobina, etc.

Pasaron pola parte de extracción e viron as bolsa de extracción e explicáronlle como as conservan e como se fai posteriormente a separación de compoñentes do sangue.





Sempre resulta unha actividade de agrado para os alumnos onde aprenden cousas que non podemos ver na aula.

O noso agradecemento a ADOS por este programa e aos profesionais que nos atenden nas visitas ao colexio e na unidade móvil pola súa implicación.