jueves, 12 de enero de 2023

CHARLA DOAZÓN DE SANGUE

Un ano máis contamos con Jose Manuel e Alicia, membros de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) para darnos unha charla sobre a importancia de doar.

Con estas visitas, o programa pretende concienciar e informar sobre a importancia da doazón, e o imprescindible que é que o banco de sangue teña reservas para que todos os centros hospitalarios poidan levar a cabo o seu traballo en canto ás ciruxías programadas e urxencias que podan darse.





Rematamos coa visita á unidade móvil de ADOS, que cada mes está na Alameda.

Alí recibiron aos ali¡umnos/as e lles explicaron os requisitos necesarios para poder doar: a entrevista previa, a proba da hemoglobina, etc.

Pasaron pola parte de extracción e viron as bolsa de extracción e explicáronlle como as conservan e como se fai posteriormente a separación de compoñentes do sangue.





Sempre resulta unha actividade de agrado para os alumnos onde aprenden cousas que non podemos ver na aula.

O noso agradecemento a ADOS por este programa e aos profesionais que nos atenden nas visitas ao colexio e na unidade móvil pola súa implicación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario