viernes, 19 de enero de 2024

O CANCIONEIRO DA VILA


 Os rapaces de 3º de ESO viviron o primeiro trimestre inmersos na Idade Media nas aulas de Literatura Galega. A parte marabillosa desta vivencia foi facer o seu propio "Cancioneiro".

O primeiro que tiveron que facer os rapaces e rapazas foi aprenderse todas as características deste tipo de Cantigas: Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas características temáticas e formais diferentes do resto da lírica medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó trobadorismo.

Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico.. A muller expresa a súa paixón amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu "amigo" , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa nai, á natureza, ó seu amado, á unha amiga confidente, etc.

-Forma das cantigas de amigo:

- o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira estrofa.

- o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.

-o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces, tampouco á rima.
  

 -Variedades das cantigas de amigo:

      Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a presencia do mar que, non só aparece como escenario, senón que aparece personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller.

     Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a alegría de vivir e de amar, con frecuentes incitacións ó baile.

     Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres a carón da ermida, a moza agardando a asistencia do amigo á romería, laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras.

    Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer.
 

Velaquí algúns exemplos:




O resultado foi un fermoso Cancioneiro ao que os rapaces chamaron "Cancioneiro da Vila".



martes, 16 de enero de 2024

GREEN SOULD


Os alumnos de 3ºESO van participar no proxecto Green Sould en colaboración coa Asociación Cultural Ingalicia.

Este proxecto forma parte dunha  iniciativa máis ampla chamada EU TEENS FOR GREEN, patrocinada pola UE.

En concreto, este curso vai traballar sobre os seguintes temas: 
- Cambio Climático e Activismo Medioambiental 
- Lexislación e Financiación Europea sobre Medio Ambiente 
- Voluntariado Medioambiental e Emprendimento Medioambiental

Segundo vaiamos avanzando no proxecto, seguiremos informándovos!!





viernes, 12 de enero de 2024

"COLOCADOS" - Un proxecto sobre drogas

Proxecto para investigar sobre as drogas.

Neste proxecto, cada grupo investigou sobre unha droga: canabis, cocaína, alcohol e éxtasis.

Investigaron a súa procedencia, por que nomes se lles pode coñecer na rúa, formas de consumo e sobre todo os seus efectos na saúde a corto, medio e longo prazo.



Tamén incidiron na súa influencia no comportamento dos individuos que as consumen e como afecta ao seu entorno social, tanto coa familia como cos amigos ou no traballo.

Con toda esta información fixeron unha presentación para expoñer ao resto da clase. Tamén fixeron unha infografía para destacar a información máis relevante.

Continuaron o proxecto facendo a destreza de pensamento Diamante relacionada coa súa droga de estudo.


Finalizaron o proxecto facendo un mural onde quedaron expostas as infografías e as destrezas.