jueves, 15 de abril de 2021

A MIÑA NEURONA


Aproveitamos a unidade do Sistema Nervioso para facer esta actividade.
Neste proxecto cada alumno construirá unha neurona, atendendo a súas características reais e votándolle tamén, un pouco de imaxinación.




Ademáis, con esta construcción queremos recordar a Santiago Ramón y Cajal, que foi un dos pioneiros das neurociencias e o primeiro científico español en recibir un premio Nobel sobre ciencia.

Facendo un paralelismo poético, o investigador referiuse as neuronas como as «misteriosas mariposas da alma». Ofrecíanos así unha indicación de que investigando nestas células, que son as que forman o noso cerebro e sistema nervioso, poderiamos profundizar no coñecemento do que nos fai máis xenuinamente humanos, a mente.


Unha cuestión interesante será que non hai dúas neuronas iguais. Cada unha delas será o resultado dun exercicio persoal de creatividade, un encontro entre a ciencia e o arte.







Rematamos facendo a destreza de pensamento Diamante. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario