jueves, 30 de noviembre de 2017

ALIMENTACIÓN Vs DIETA

Continuando co proxecto, os alumnos estudan a diferenza entre alimentarse e nutrirse.
Este é un tema moi importante nos nosos días, onde estamos nunha sociedade de consumo que nos bombardea con publicidade de produtos, prezos, etc.
É importantísimo que saiban alimentarse correctamente e que entendan que todos os alimentos cumpren unha función importante no noso organismo.

Pirámide alimenticia



Roda dos alimentos




Seguindo co proxecto, estudamos as características de diferentes dietas: atlántica, mediterránea, vexetariana e de comida rápida.
Sacadas as conclusións, fixeron unha destreza de pensamento para comparar e contrastar as diferentes dietas.
Destrezas






lunes, 20 de noviembre de 2017

O NOSO CANCIONEIRO MEDIEVAL

Os alumnos de 3º de ESO acaban de rematar un fermoso proxecto sobre Literatura do Medievo, e para demostrar o que aprenderon compuxeron un cancioneiro .

O noso cancioneiro só contén Cantigas de Amigo e Cantigas de Amor, para chegar a saber facelas os rapaces tiveron que aprender e traballar moito.
En primeiro lugar empapáronse de medievo a través dunha reportaxe emitida pola TVG e que rescatamos da hemeroteca.
Logo de aprender que eran as devanditas cantigas, mostraron en que se parecían e en que se diferenciaban para telo claro á hora de compoñer, sobre todo cos simbolismos , as métricas, as formas como o dobre, mordobre, finda, leixaprén......
baixaron as musas para axudalos a escribir e logo viron un titorial de como facer caligrafía e papiros medievais.
Levoulles algún tempo, pero o resultado foi espectacular.
O produto final non o imos ensinar aquí pois falta maquetalo pero intentaremos facer un libro dixital con el para que todo o mundo o poida ver.

Aquí quedan algunas imaxes do proceso.



lunes, 13 de noviembre de 2017

BLOGUEANDO

Con la excusa de trabajar los conectores textuales en Lengua Castellana nos hemos convertido en blogueros y algunos hasta se han atrevido con el vídeo blog. 
Nuestras entradas son de lo más profesional y tanto enseñamos a pintar uñas como a transformar camisetas o a combinar diversas prendas para ir a la moda. Pero la elección de la mayoría de la clase ha sido la cocina. Ellos se meten en los fogones y elaboran alguna receta de lo más recomendable (y apetecible). Aquí os dejamos una muestra.