domingo, 14 de junio de 2020

COVID-19

COVID-19 é o último proxecto deste curso, no que facemos un estudo dos virus, e en particular dos coronavirus.
Dende Marzo estamos a convivir con temos como coronavirus, sars, covid-19 e estamos a vivir toda unha serie de cambios na nosas vidas. 
Pero, que saben os nosos alumnos dos virus? Como o están a pasar? Que inquietudes teñen? Como cren que todo isto nos vai afectar?
Todas estas preguntas non solo están relacionadas con contidos da materia, senón que tamén o están na súa vida cotiá. 
O obxectivo do proxecto é facer un estudo sobre os virus e coñecer mellor os coronavirus.
Para iso, seguiremos a votar man da tecnoloxía, e mediante videoconferencia ou traballando con documentos compartidos, fixeron a investigación proposta que finalmente presentaron nun informe.



Para achegar dunha forma máis sinxela a información ao público, fixeron trípticos e carteis.

Trípticos








Carteis











Para expresar o seu punto de vista sobre a esta situación , de como a viviron, que consecuencias trouxo e como cren que pode afectar de cara o futuro, deíxannos videos.

Videos

  












Gracias a todos pola vosa colaboración!!

lunes, 8 de junio de 2020

OS ESCRITORES DO REXURDIMENTO A TRAVÉS DA BANDA DESEÑADA






Os rapaces de 3º ESO estiveron traballando o Rexurdimento na materia de Literatura Galega. Como lles toucou facelo nesta etapa na que non podiamos reunirnos nas aulas, decidimos proxectar o que sabían desta materia en forma de banda deseñada. Contamos coa impagable colaboración da profesora de Plástica, Ana Garcia, que lles axudou a entender os volumes e as formas humanas.

O primeiro que fixeron os rapaces foi facer un mapa mental dos tres grandes escritores do Rexurdimento : Rosalía, Curros e Pondal




Unha vez que sabían todo sobre os autores, puxémonos a investigar como se facía unha banda deseñada, para iso os rapaces viron e tomaron notas dun curso en youtube do grande ilustrador Xosé Tomás.
O paso seguinte foi facer o guión da banda deseñada e empezar a facela.
Neste paso Ana García guiounos co seu bo facer.
E velaquí tedes algúns dos resultados:

A vida de Rosalía, obra de Lara Míguez






E a vida de Curros, obra de Pedro Jodar:




Foi unha forma diferente de ensinar e aprender Literatura , adaptándonos a esta nova realidade.

martes, 2 de junio de 2020

ÁNIMO!!!!

Los Alumnos de 3º y sus familias, nos mandan este mensaje de ánimo con este cartel que hicieron en la clase de EPVA.