miércoles, 11 de diciembre de 2019

GAÑANDO SAÚDE

Gañando Saúde é o proxecto interdisciplinar que fixemos este trimestre nas materias de Bioloxía e Plástica.
Neste proxecto os alumnos aprenderán sobre alimentación e a importancia que unha dieta equilibrada ten na nosa saúde.
Investigaron sobre a etiquetaxe dos alimentos, os métodos de conservación e sobre trastornos alimentarios presentes na sociedade.
Comezamos coa rotina de pensamento Vexo-Penso-Pregúntome
Coa proxección de imaxes referentes a diferentes aspectos da alimentación, os alumnos fixeron a rotina, e así, introducimos o proxecto.



Continuamos estudando métodos de conservación dos alimentos. Para iso, fixeron mapas mentais.




Para saber as funcións dos alimentos e como debemos inxerilos, realizan unha roda dos alimentos, unha pirámide alimenticia e outra vexetariana e tamén un prato alimenticio.
Aquí se aprecia de forma gráfica a porcentaxe ou frecuencia coa que debemos inxerir uns alimentos fronte a outros.




Seguimos coa dieta. Saber que hai diferentes tipos de dietas, analizalas e ser críticos coas súas vantaxes e desvantaxes foi o seguinte paso.


Rematamos cunha destreza de pensamento: Metáfora Diamante
Aquí están as feitas por cada grupo.





Como punto final, cada grupo realizou un producto que se conserva cun un método de conservación estudado, e adecuado para o mesmo.

Aquí está a mostra.



O proxecto queda exposto no pasillo

No hay comentarios:

Publicar un comentario