viernes, 6 de diciembre de 2019

UN MAR DE CANTIGAS


Os rapaces de 3º de ESO compuxeron un Cancioneiro que contñen Cantigas de Amigo e Cantigas de Amor. Para a súa elaboración tiveron que aprender moito sobre a Idade Media e a forma que tiñan de escribir na época.
En primeiro lugar, aprenderon todo o relacionado coa sociedade medieval para poñerse en contexto.
De seguido coñeceron as características principais das Cantigas, a diferenciar as de Amor das de Amigo. A voz poética é diferente, os protagonistas, as figuras estilísticas, os refráns, os símbolos ...porque aínda que os dous tipos falen de amor, son amores totalmente diferentes.
Unha vez aprendidos estes contidos puxéronse mans á obra. Os rapaces deberían construír unha Cantiga de Amor (obra dedicada a unha muller inalcanzable e che de virtudes) e as rapazas unha Cantiga de Amigo (peza na que botaban de menos ao "seu amigo").
Unha vez escritas e corrixidas pasáronas a papel e visualizaron un vídeo no que se lles aprendía como facer un pergamiño medieval.
Despois de tomar nota, deseñaron o seu propio pergamiño. Tinxiron con café e peza e unha vez seca comezou o proceso de dar cor.
E velaquí a súa obra:






No hay comentarios:

Publicar un comentario