martes, 19 de febrero de 2019

JAUREGUIZAR VISITÁNOS HOXE!


O escritor Santiago Jaureguizar visitounos hoxe durante a nosa clase de Lingua Galega.

Era una visita moi esperada, pois este trimestre limos a súa obra " O contador de estrelas" e o noso proxecto trimestral tamén está baseado na súa obra.

Mantivemos con el una charla moi distendida na que nos comentou como é o proceso de creación dunha novela, os personaxes, a localización que debe ser moi coñecida e formar parte do relato. Tamen nos dixo que canto máis se escribe, mellor se chega a escribir e que non podemos caer no desánimo e intentar escribir sempre que teñanos gañas, aínda que saibamos que non imos ser lidos.

Tamén nos falou en profundidade da obra traballada, así soubemos como foron construídos os personaxes ao redor dun grande eixo que era o engano. A obra trata en resumo de como somos e como nos mostramos aos demais, a vida é o tempo que tardamos en esclarecer iso.

Foi una hora e media de preguntas que obtiveron respostas e de aprendizaxe grazas a este grande escritor. Estamos desexando ler a súa nova obra, que por certo desvelounos de que ía!


No hay comentarios:

Publicar un comentario