miércoles, 27 de abril de 2022

CANCIONEIRO DE AMIGO


 Os rapaces de 3º ESO tiveron que estudar e traballar a Literatura Medieval neste curso. O máis fermoso da materia é coñecer as características da Cantigas, hainas de Amopr, de Amigo, de Escarnio e Maldicir e as de Santa María.

Os alumnos, unha vez traballadas as características de cada unha das clases de cantigas, puxéronse a elaborar un Cancioneiro de amigo. Teríanse que poñer na pel dunha moza que suspira polo seu "amigo" que está ausente, poderían ter confidencias coa natureza, unha amiga, a nai....e deberían de ser do tipo de : romaría, bailadas, mariñeiras, barcarolas.... . E por suposto, utilizar todos os recursos estilísticos propios da Idade Media: leixapren, paralelismo, dobre, mordobre.

Logo de facer a cantiga, os rapaces tiveron que decorala ao xeito Medieval, para iso valémonos dun video onde se nos explicaba paso a paso a forma de realizar un Cancioneiro Medieval.


 

O traballo máis dificultoso, debido a que o papel podía rachar, foi o tintado.


 



Pero o resultado foi moi fermoso porque ademais de ser un traballo vistoso, as cantigas teñen unha calidade moi boa. O Cancioneiro está na clase de 3º ESO para ser visto por quen queira.






No hay comentarios:

Publicar un comentario