sábado, 29 de febrero de 2020

XEOGRAFÍA E HISTORIA: CREAMOS AS NOSAS EMPRESAS.


O proxecto no que abordamos a actividade económica e o emprendemento finalizou estes días en 3º da ESO coa creación das nosas propias empresas. Comezamos antes de Nadal partindo dos principais indicadores e traballando a economía doméstica cun role-play no que os alumnos se converteron nunha familia de 4 membros que afrontaba os gastos desas festas: as comidas e ceas extraordinarias, os regalos… Contaban cunha soa nómina e varias facturas que todos os fogares teñen que pagar e deberían aforrar algo para a forte pendente que supón xaneiro.

A segunda actividade foi a visita ao comercio local para aprender dos emprendedores previo a elaborar a parte final: crear a nosa propia empresa. O obxectivo era que fose unha idea orixinal presentada nun packaging atractivo. O proxecto do seu negocio debería conter datos e prezos do capital físico necesario, a localización dun espazo real nas webs das inmobiliarias en aluguer oo venda, planos de antes e despois da súa reforma, propósito da creación e unha oferta de emprego na prensa para posibles traballadores.

O resultado ten en común que todas as súas opcións buscan alternativas de ocio para a xente nova. Estas son as catro alternativas deste curso:

-O LABERINTO: Un scape room para divertirse que conta con cafetería e enfermería para posibles traspés.




 - B&G. Un gran recinto de xogos recreativos con cine, pistas de fútbol e consolas.







-Meteorite life: Un restaurante de comida china con especialidade en xeados onde reunirse e degustar orixinais pratos.



-Micky Mouse Bar: Unha cafetería temática que recrea a vivenda deste ratón universal.






No hay comentarios:

Publicar un comentario